Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Aceleradora ES-Factory-XUNTA Impulsa
A aceleradora ES-Factory XUNTA-Impulsa pon en marcha unha edición do seu programa de alto rendemento, cunha duración de máis de catro meses e sede en Vilanova de Arousa. A iniciativa combina formación, titorización e mentorización para impulsar proxectos innovadores e sostibles de economía social en Galicia e no Norte de Portugal.
O programa busca detectar novas ideas empresariais, fomentar o emprendemento mediante coñecemento experto, garantir o éxito das iniciativas e impulsar sinerxías e networking entre proxectos.
A aceleración estrutúrase en tres fases:
- Selección (ata o 3 de decembro)
- Estratexia (formación e definición de modelo de negocio)
- Aceleración (servizos especializados, mentoring e acompañamento)
Dirixido a persoas emprendedoras, proxectos en crecemento, empresas que queiran transformarse en economía social e entidades que busquen innovar neste ámbito.
Prazo aberto ata o 3 de decembro a través do seguinte fomulario
