Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Biodiversidade: O capital natural do rural
A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio "Biodiversidade: O capital natural do rural" no marco da Rede Eusumo.
Data: 30 de xullo
Horario: de 09:30 h a 14:30 h
Modalidade: Online
A actividade está dirixida a:
- Equipos directivos das cooperativas agroalimentarias e da economía social (consellos reitores, dirección, xerencia e persoal técnico)
Obxectivos:
- Reforzar a comprensión do valor estratéxico da biodiversidade como activo produtivo e factor de competitividade a longo prazo para as cooperativas agroalimentarias
- Dar a coñecer prácticas e ferramentas para a xestión e avalición sostible da biodiversidade (solos vivos, diversidade xenética, índices e indicadores) aplicables á actividade cooperativa
- Achegar o marco normativo, as alianzas e o financiamento dispoñibles para impulsar a transición cara a modelos produtivos que preserven os recursos naturais
Programa:
- Galicia, territorio de biodiversidade: o valor da paisaxe agraria como oportunidade estratéxica para o sector primario
- A raíz da biodiversidade: bancos de sementes e recursos fitoxenéticos na agricultura
- Da agricultura rexenerativa aos créditos de carbono e de natureza: medir e poñer en valor a biodiversidade, o solo e a auga como novas fontes de ingresos
- Economía circular e biodiversidade edáfica desde a experiencia: converter subprodutos agrogandeiros en solos máis biodiversos
- Medir para mellorar: avaliación e seguimento da biodiversidade en sistemas agrogandeiros. Índices e indicadores aplicados (TAPE-FAO, ABDI, MAS) para obxectivar resultados e orientar a mellora continua
- Mesa de diálogo: oportunidades de negocio e diferenciación a partir da biodiversidade
Inscripcións disponibles a través do seguinte formulario
Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

