Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Conversa que transforma: conecta, comunica e medra con WhatsApp Business
A Rede Eusumo organiza a xornada en liña "Conversa que transforma: conecta, comunica e medra con WhatsApp Business".
Prazo: Do 16 ao 30 de setembro.
Formación gratuíta.
Modalidade: en liña | 20 horas.
Obxectivo: Capacitar ás persoas participantes no uso profesional de WhatsApp Business como ferramenta de comunicación, promoción e comercialización, aprendendo a configurar a conta, xestionar clientes, automatizar mensaxes e integrar outras ferramentas dixitais.
Público obxectivo: Persoas emprendedoras e público en xeral que desexen mellorar a súa comunicación comercial e a relación coa clientela mediante o uso profesional de WhatsApp Business.
Programa:
MÓDULO 1. Que é WhatsApp Business?
- Tipos de WhatsApp
- Conta persoal de WhatsApp Business
- Conta profesional de WhatsApp Business
- Estatísticas
MÓDULO 2. Instalación e configuración de WhatsApp Business
- A instalación paso a paso
- WhatsApp Business para empresas
MÓDULO 3. Comercializar a travé de WhatsApp Business
- Automatizaicón de mensaxes
- Catálogo WhatsApp Business
- Listas de WhatsApp
- Vinculación coas redes sociais e web
MÓDULO 4. A ter en conta
- Consellos finais
- Recursos de WhatsApp
Inscricións ata o 15 de setembro de 2026. Deberás darte de alta no Campus de Eusumo (plataforma de teleformación) e automatricularte no curso.
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

