Por admin_eu, 2 Setembro, 2026
Curso de especialización de centros especiais de emprego

ASPAIS, a asociación para a promoción de actividades de integración sociolaboral en centros especiais de emprego, organiza un "Curso de especialización de centros especiais de emprego" no marco da Rede Eusumo.

Data: 02 ao 15 de setembro

Horario: de 16:00 h a 18:30 h

Modalidade: En liña | 25 horas

Obxectivo:

Entender e coñecer os diferentes tipos de discapacidade. Coñecer as diferentes modalidades de integración laboral que existen para as persoas con discapacidade, emprego protexido. Funcionamento dos centros especiais de emprego.

Público obxectivo:

Calquera profesional vinculado aos centros especiais de emprego, persoas que traballen na Economía Social, persoas traballadoras con discapacidade e público en xeral.

Programa:

  • MÓDULO 1: Marco da discapacidade. Conceptos e terminoloxía. Clasificación internacional do funcionamento, da discapacidade e da saúde. Tipos de discapacidade. Certificado de discapacidade. Utilidade e beneficios para a inserción laboral. Cualificación de especial dificultade. Discapacidade e incapacidade. Discapacidade e dependencia. A Lei de promoción de la autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia. Protección económica da Discapacidade. Axudas e prestacións económicas. Mercado laboral e Inserción sociolaboral de persoas con discapacidade.
  • MÓDULO 2:  Modalidades de integración sociolaboral. Os centros ocupacionais. Os centros especiais de iniciación produtiva. Os centros especiais de emprego. Emprego protexido no seo da empresa ordinaria. Enclaves laborais. Emprego con apoio. Emprego personalizado. Empresas de inserción. Emprego ordinario. Tránsito do emprego protexido ao emprego ordinario.
  • MÓDULO 3: Os centros especiais de emprego. Antecedentes. Emprego protexido en Europa. Lexislación estatal de referencia para os CEE. Quen pode cualificarse coma centro especial de emprego. Tipoloxía de centros especiais de emprego en Galicia. Rexistro dun centro especial de emprego (lexislación autonómica). Principios e valores. Sensibilización. Traballadoras/es de centros especiais de emprego. Relación laboral de carácter especial. Actividades. Equipos multiprofesionais. Axustes persoais e sociais. Unidades de apoio á actividade profesional. Axudas económicas/subvencións. Bonificacións. Estatísticas de
    creación de emprego. Medidas alternativas. Convenio colectivo galego e estatal de CEE. Economía social. Tránsito ao emprego ordinario. Futuro dos CEE coa nova Lei integral de impulso da economía social.
  • MÓDULO 4: Unidades de apoio á actividade profesional. Antecedentes. Definición e funcións. Destinatarios e ratios de atención. Perfís profesionais: a/o técnica/o de apoio e a/o encargada/o de apoio. Organigrama e dependencias funcionais. Servizos internos e externos. Tarefas propias. Organización e coordinación de membros. Seguimento individualizado. Contorna social. Dinamización de actividades. Axustes persoais e sociais. Axudas específicas. Incompatibilidades.
  • MÓDULO 5: Habilidades das persoas con discapacidade. Análise de postos de traballo para a inserción sociolaboral de persoas con discapacidade. Proceso de inserción laboral de persoas con discapacidade. Acollida e formación inicial no posto de traballo. Contorna laboral. Habilidades persoais e sociais. Recursos formativos para persoas con discapacidade.
  • MÓDULO 6: Funcións directivas. Xestión dos CEE. Liderado e habilidades directivas. Visión e plan estratéxico. Mellora continua. Xestión de equipos. Dirección de reunións. Ferramentas de xestión. Ferramentas de rexistro de datos. Presentación de resultados.
  • MÓDULO 7:  Axudas Económicas. Concepto de subvención. Axudas específicas a los CEE. Outras Axudas. Publicidade.
  • MÓDULO 8: Outras normativas de aplicación. Prevención de Riscos Laborais en los CEE. Protección de Datos Persoais. Compliance. Modelo de prevención de Delitos. Lei de Transparencia. Igualdade.
     

Inscripcións disponibles a través do seguinte formulario

Para máis información, podes poñerte en contacto en asociacion@aspais.org

Descarga o programa

ASPAIS CEE

ASPAIS CEE

Data

Categoria