Por admin_eu, 28 Setembro, 2026
Curso solucións ao absentismo nos Centros Especiais de Emprego

ASPAIS, a asociación para a promoción de actividades de integración sociolaboral en centros especiais de emprego, oferta unha nova formación sobre "Solucións ao absentismo nos Centros Especiais de Emprego" no marco da Rede Eusumo.

Data: 28 de setembro ao 26 de outubro

Horario: de 16:00 h a 18:30 h

Modalidade: En liña | 25 horas impartidas en 10 sesións formativas (8 sesións síncronas, presenciais na plataforma Zoom e 2 sesións asíncronas no Campus Eusumo)

Obxectivo:

O absentismo nos centros especiais de emprego non se resolve só con control nin unicamente con comprensión. Esta proposta de formación quere ofrecer un enfoque integral e humanizado, con ferramentas prácticas, protocolos de intervención e estratexias para comprender as causas e factores de risco do absentismo, detectalo de maneira temperá con indicadores claros, implementar medidas de prevención a nivel organizativo, do equipo e persoal e deseñar plans de reincorporación e fomento da cultura do compromiso.

Público obxectivo:

 Calquera profesional vinculado aos centros especiais de emprego, persoas que traballen na Economía Social, persoas traballadoras con discapacidade e público en xeral.

Programa:

O programa do curso está planificado en 10 sesións, das que 8 serán específicas sobre os centros especiais de emprego e 2 serán xenéricas sobre o absentismo laboral.

  • MÓDULO 1 (Luns, 26 de setembro): Introdución ao absentismo nos centros especiais de emprego. Definición e clases de absentismo (xustificado, inxustificado, presencial etc.). Marco normativo dos centros especiais de emprego e o seu cadro de persoal. características específicas do absentismo nos CEE. Impactos do absentismo na produtividade, ambiente laboral e sostibilidade do centro.
  • MÓDULO 2 (Xoves, 1 de outubro):  Diagnóstico do absentismo: análise e detección. Ferramentas para medir o absentismo: indicadores, taxas e rexistros. Fontes de información: sistemas internos, entrevistas, enquisas etc. Principais causas do absentismo en persoas con discapacidade (saúde, contorna, motivación). Papel das unidades de apoio na detección e intervención.
  • MÓDULO 3 (Luns, 5 de outubro): Factores individuais, organizacionais e psicosociais. Factores individuais asociados á discapacidade e comorbilidades. Factores organizacionais: liderado, comunicación, condicións laborais. Factores psicosociais: estrés, desmotivación, sentimento de exclusión. Barreiras invisibles e contorna non accesible como factores clave.
  • MÓDULO A (Mércores, 7 de outubro - Campus Eusumo): Comprensión do absentismo nos CEE. Estigmas e percepcións arredor do absentismo nos CEE. Artigos sobre o absentismo. Estatísticas.
  • MÓDULO 4 (Xoves, 8 de outubro): Estratexias de prevención e redución do absentismo. Medidas organizativas: flexibilización, redeseño de tarefas, adaptación de postos. Apoio individualizado: seguimento, axustes razoables, programas de saúde. Fomento do ambiente laboral positivo e participación activa do persoal.
  • MÓDULO B (Martes, 13 de outubro - Campus Eusumo): Prevención e redución do absentismo. Prevención a tres niveis: organización, equipo e persoa. Comunicación preventiva: mensaxes que constrúen e motivación.
  • MÓDULO C (Mércores, 14 de outubro):  Absentismo. Concepto e tipoloxías. É un problema estrutural? Tipoloxías: Xeral e IT. Datos: Europa, España e Galicia. Especial atención ao absentismo diferencial en Galicia. O absentismo nos centros especiais de emprego. Factores que afectan na taxa de absentismo: demografía, saúde: atención á saúde mental, dixitalización, intelixencia artificial e novas tecnoloxías, falta de retención do talento. Benestar laboral.
  • MÓDULO 5 (Luns, 19 de outubro): Protocolos de actuación dende RRHH e unidades de apoio.
  • MÓDULO D (Mércores, 21 de outubro): Absentismo. Factores que inflúen na taxa de absentismo: normativa, tramitación, xestión sanitaria, dificultades de control. Retos: previr, xestionar e controlar. Ferramentas: das empresas, da administración. Especial referencia da inspección de traballo. Conclusións.
  • MÓDULO 6 (Luns, 26 de outubro): Deseño de plans de mellora e avaliación de resultados. Elementos dun plan de acción: obxectivos, responsables, indicadores. Metodoloxía de seguimento e avaliación do impacto. Involucración do equipo e comunicación efectiva de medidas. Boas prácticas nos centros especiais de emprego.

Inscripcións abertas ata o 25 de setembro de 2026 a través do seguinte formulario

Para máis información, podes poñerte en contacto en asociacion@aspais.org

curso CEE Aspais

Data

Categoria