Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
E ti, coñeces a fórmula? | Sensibilización para o emprendemento cooperativo
A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, organiza un encontro cooperativa virtual para o "Sensibilización para o emprendemento cooperativo", dentro do marco da Rede Eusumo.
Fecha: 22 de julio
Horario: 10:00 - 13:00 h
Modalidade: Presencial
Lugar: Edificio Administrativo do Concello da Laracha, Av. Finisterre, 60 (A Laracha, A Coruña)
Metodoloxía: A metodoloxía é activa e participativa. Buscamos captar o interese e a atención das persoas participantes para que se vinculen na actividade e haxa unha aprendizaxe significativa. Propoñemos actividades para o traballo en grupo pequeno, coñecer experiencias e boas prácticas, utilizar medios audiovisuais para enriquecer as exposicións. A nosa proposta é que as participantes sexan protagonistas no proceso formativo mediante a reflexión, a participación e a experimentación. Contarase coa participación dunha experiencia cooperativa.
Obxectivos:
- Dar a coñecer o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio.
- Eliminar mitos e prexuízos sobre o cooperativismo e os procesos de traballo participativos.
- Visibilizar como o empredemento en cooperativa pode contribuír á mellora da empregabilidade e ao crecemento profesional.
Programa:
- Presentación de EspazoCoop, a Rede Eusumo e o programa EspazoCoop Emprende.
- A cooperativa dentro da economía social.
- Os principios e valores cooperativos.
- Que é unha cooperativa? Tipos de cooperativas.
- Emprende en cooperativa: Apoios ó cooperativismo. Boas prácticas en empredemento cooperativo.
O programa está dirixido: Ás persoas tanto desempregadas como emprendedoras, ou incluso ocupadas interesadas en coñecer a fórmula cooperativa e que poidan ter un potencial interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo. Alumnado de centros formativos de ensinanza secundaria obrigatoria e postobrigatoria, alumnado universitario e de programas de emprego e formación. Persoas prescriptoras que teñan interese en coñecer a fórmula para informar e asesoras ás persoas beneficiarias dos seus servizos. Persoal docente e orientador. Público en xeral.
Para máis información contacta a través do teléfono 881 887 456 / 697 877 773 ou no correo patane@espazo.coop

