Por admin_eu, 22 Xuño, 2026
Emprender en feminino

O programa Medrando Xuntas organiza o encontro "Emprender en feminino". Unha xornada única pensada para persoas con inquietudes, ideas ou ganas de dar un paso máis no mundo do emprendemento. 

Data: Luns, 22 de xuño

Horario: 16:30 - 18:00 h

Modalidade: Presencial

Lugar: Casa rural Casa do Cabo. Lugar O Carballo 6, Morás. Xove, Lugo

Programa do encontro:

  • Presentación da xornada e da Rede de Polos a cargo de Belén López Cayón, técnico do Polo de Mondoñedo.
  • Experiencias de emprendemento feminino.
  • Presentación do programa Medrando Xuntas da Rede Eusumo a cargo de María Torres Otero, consultora en economía social.

Para máis información podes consultar a web da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego

Se tes unha idea, un proxecto ou simplemente curiosidade… este é o teu sitio. Apúntate e forma parte dun movemento que medra desde a diversidade, a colaboración e o orgullo polo local.

Emprender en feminino

Data

Categoria