Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Feira agroalimentaria local e sostible
A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol organiza a Feira Agroalimentaria Local e Sostible, actividade impulsada no marco da Rede Eusumo.
Data: 3 de outubro
Horario: de 10.30 h a 14.30 h e de 16.00 h a 20.00 h
Modalidade: Presencial
Lugar: Alameda de Suances, Ferrol
Unha xornada de degustacións, venda, charlas e exposicións arredor dos produtos locais: queixos, mariscos, mel, froita autóctona, patés, pastelaría artesá, cogumelos, zumes ecolóxicos, conservas, produtos da horta, galletas, marmelo e marmeladas, salsas, elaborados de castaña, aceites e moito máis.
Entidades participantes: Aceite Embruxo, Aires de Susi, As Coruxas, Asociación Galega de Froita Autóctona (AGFA), Casa do Mel, Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Barallobre, Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol, DeCamiño, Eiras de Ares, Galletas Xianas, La Frambuesita, Labrecos S. Coop. Galega, Manda Carballo, Mel «Abella Mestra», Mel de Monfero, Queixo Fresco Sillobre, Queixos Cagiao, Sofragal S. Coop. Galega e persoas produtoras de hortas locais.
Programa de actividades:
Pola mañá
- 10.30 h: música de apertura co grupo de gaitas Retrincos (Ares).
- 11.30 h e 17.30 h: «Marolo, carneiro ou escupiña», degustación dun marisco case descoñecido, da Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Barallobre.
- 12.05 h: «Do eucaliptal ao bosque comestible: cultivar rexenerando», con Eiras de Ares.
- 12.45 h: recepción institucional.
- 13.05 h: presentación do Centro de Transformación Agroalimentaria A Fusquenlla, con Manolo Varela, un dos impulsores do proxecto.
- 13.35 h: «Relatos dunha vida no mar», con Jesús Outes da Silva, percebeiro retirado.
- 14.00 h: queixo fresco de proximidade, presentación e degustación con Queixo Fresco Sillobre (Fene).
Pola tarde
- 16.00 h: «Da lonxa á mesa», con Elsa Mª Rodríguez da Resurrección, peixeira da Peixaría A Túa Lonxa.
- 16.25 h: «Cooperativismo e aproveitamento sostible dos soutos», con presentación e degustación de elaborados de castaña de Sofragal S. Coop. Galega.
- 16.55 h: «A ría de Ferrol», charla con J. Luís Ferreiro Caramés, biólogo da Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Barallobre.
- 19.00 h: actuación musical (pendente de confirmar).
Durante a xornada
- Degustación de zumes ecolóxicos elaborados no Centro de Transformación Agroalimentaria A Fusquenlla con froita autóctona da AGFA (11.30–13.30 h e 17.00–19.00 h).
- Exposición de variedades de froita autóctona da AGFA (10.30–14.30 h e 16.00–20.00 h).
Obradoiros infantís
- 11.30 h: «A lá das ovellas», pulseiras e outras creacións con lá natural (Labrecos S. Coop. Galega).
- 12.30 h: «Impresión botánica», pintar con flores e plantas (Labrecos S. Coop. Galega).
- 13.30 h: «Coroas e creacións con elementos naturais» (Labrecos S. Coop. Galega).
- 16.30 h: velas con cera de abellas da comarca (Material de Mel «Abella Mestra»).
- 18.00 h: saquiños de lavanda.

