Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Formación específica en “Xestión Económico-Financeira da Cooperativa de Traballo Asociado”
A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, organizan unha formación sobre "Xestión Económico-Financeira da Cooperativa de Traballo Asociado".
Fecha: 7 de abril ao 29 de maio
Horas: 30 horas
Modalidade: Teleformación
Preinscripción aberta: ata o 25 de marzo
No curso trabállanse as seguintes competencias, coñecementos e capacidades:
- Empresa social
- Xestión e administración. Xestión Financeira
- Ensinar principios económicos
- Xestionar recursos empresariais
- Dereito. Lexislación Fiscal
- Desenvolver plans de xestión
- Tomar decisións empresariais estratéxicas
A microcredencial estrutúrase a partir dunha metodoloxía de carácter aplicado e orientado á práctica, que combina sesións de docencia expositiva, traballo práctico guiado e acompañamento titorial, co obxectivo de facilitar a adquisición de coñecementos e competencias directamente transferibles á realidade profesional das persoas participantes.
Obxectivos:
- Comprender a xestión económica dunha cooperativa de traballo asociado
- aplicar ferramentas de plaificación e análise
- Identificar as obrigas fiscais das cooperativas de traballo asociado
- Elaborar un plan de mellora a cooperativa
As datas e horarios da formación son as seguintes:
- Abril | 9, 14, 16, 21 e 23 de abril 2026 – de 17:00 a 19:00hs | 28 e 30 de abril – de 16:30 a 19:30hs
- Maio | 5, 7, 19 e 21 de maio 2026 – de 17:00 a 19:00hs | 12 e 14 de maio de 16:30 a 19:30hs
Podes consultar o procedemento de admisión na seguinte ligazón.
Para realizar a solicitude de admisión acceda á seguinte ligazón da secretaría virtual da USC.
O prazo de prescripción remata o 25 de marzo de 2026. O prazo de matriculación será do 24 ao 31 de marzo, e o precio será de 71,00€.
Para máis información consulta a web de de espazo.coop
Descarga o programa

