Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
La economía social en entornos rurales de reto demográfico
O Ministerio de Traballo e Economía Social organiza a xornada "A economía social en contornos rurais de reto demográfico", un espazo de diálogo, intercambio e estratexias compartidas para impulsar a economía social como ferramenta de desenvolvemento sostible no medio rural.
Data: Nova data: 3 de octubre
Horario: de 09:30 h a 19:00 h
Modalidade: Presencial
Lugar: San Román de Cervantes (Os Ancares, Lugo)
Obxecto da xornada:
O encontro reunirá entidades da economía social con actividade ou interese no medio rural para coñecer de primeira man os retos e as oportunidades do seu traballo. Diríxese tamén a persoas emprendedoras, axentes de desenvolvemento local, grupos de acción local, organizacións agrarias, redes de desenvolvemento rural e proxectos de innovación social e territorial.
Será unha xornada de encontro entre a Administración pública e entidades de economía social de diferentes territorios, para xerar un espazo de diálogo e aprendizaxe. Darase a coñecer iniciativas que contribúen á creación de emprego, ao mantemento de servizos e á fixación de poboación en comarcas afectadas pola despoboación. Ademais, avanzarase nunha folla de ruta para diversificar a economía rural en ámbitos como a economía dos coidados, as industrias culturais e creativas, o emprego verde e a bioeconomía ou o relevo xeracional en actividades ligadas ao territorio.
Programa:
- 9.30 h: recepción de participantes
- 10.00 h: apertura e mesa de diálogo «A economía social como motor de arraigo no medio rural. Diversificación económica, emprego e servizos máis aló do sector primario». Participan Amparo Merino (secretaria de Estado de Economía Social), Ángeles Marín (directora xeral de Políticas contra a Despoboación, Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico), Mikel Kormezana Okeranza (director da Asociación de gandeiros de Bedarbide) e unha persoa representante de Tararaina, S. Coop. Modera Oliver Laxe, director de cine, guionista e actor
- 12.00 h: pausa café
- 12.30 h: encontro de diálogo estratéxico coa vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, e Oliver Laxe
- 14.00 h: comida de convivencia no Centro de Transformación Ancares
- 15.30 h: mesa de diálogo «Tecendo alianzas para o desenvolvemento territorial sostible: dos proxectos locais á transformación sistémica». Participan Jaime Iglesias (comisionado especial para a Economía Social, Ministerio de Traballo e Economía Social), Manuel Rodríguez López (director da Fundación Ría), María José Murciano (xerente da Red Española de Desarrollo Rural) e representantes da Fundación Juana de Vega, WazoCoop, Renova e Ecoherencia. Modera Roberto Fernández Rico, presidente da Fundación Terreo
- 17.15 h: mesa de diálogo «Perspectivas de futuro para a Comarca dos Ancares, retos globais en contextos específicos». Participan Marta Mariño (directora xeral de Traballo Autónomo e de Economía Social, Xunta de Galicia), Román Sánchez (xerente da cooperativa A Carqueixa), Fe Álvarez Sánchez (xerente da Asociación de Montes e Vales Orientais), Isolina Rodríguez López (representante da Asociación Teitos de Piornedo) e Ramiro Martínez Carballosa (representante do Centro para o Desenvolvemento Rural de Ancares). Modera Aicha Belassir, directora xeral de Economía Social e da Responsabilidade Social das Empresas, Ministerio de Traballo e Economía Social
- 19.00 h: peche das xornadas
Inscripcións dispoñibles a través do seguinte formulario

