Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Mulleres que emprenden para transformar (IIª edición)
A Rede Eusumo organiza a xornada en liña "Mulleres que emprenden para transformar".
Prazo: Do 10 ao 24 de setembro.
Formación gratuíta.
Modalidade: en liña 20 horas.
Obxectivo: Que as mulleres interesadas en emprender e crear unha entidade de economía social sexan quen de sacar o máximo partido dos recursos cos que contan e de analizar a súa idea de negocio desde diferentes perspectivas para acadar as súas metas e obxectivos propostos.
Público obxectivo: Mulleres interesadas no emprendemento e na economía social así como o público en xeral.
Programa:
-
MÓDULO 1. O coaching como ferramenta para emprender na economía social
- Orixe do coaching
- Definición de coaching
- O coaching como ferramenta para emprender
- O método GROW
-
MÓDULO 2. A muller emprendedora
- Que é o emprendemento?
- Características da muller emprendedora
- A principal función da muller emprendedora
- Do individual ao colectivo: o traballo en equipo
-
MÓDULO 3. A importancia das emocións e a comunicación para traballar en equipo
- A importancia das emocións para emprender
- A importancia da comunicación para o traballo en equipo
-
MÓDULO 4. Como alcanzar os teus obxectivos
- Proceso para materializar a túa idea de negocio
- Como xerar ideas de negocio
- Comeza cun plan de negocio
- Como crear un lenzo canvas
- Como crear un DAFO
Inscricións ata o 9 de setembro de 2026. Deberás darte de alta no Campus de Eusumo (plataforma de teleformación) e automatricularte no curso.
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

