Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Networking visibilidade dixital con IA
A Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (Aeiga) organiza a xornada en liña "Networking visibilidade dixital con IA" no marco da Rede Eusumo.
Data: 16 de outubro
Horario: de 10:00 h a 12:30 h
Modalidade: En liña
Dirixido a: persoas con responsabilidades técnicas e de xestión que precisan mellorar a presenza online e a capacidade de captación das súas entidades, especialmente no ámbito da inserción sociolaboral e da economía social.
Obxectivos:
- Distinguir con claridade que pode achegar o posicionamento orgánico (SEO) e que require publicidade dixital (SEM)
- Detectar melloras prioritarias nunha web sen abordar inicialmente unha reforma técnica completa
Contidos:
- Definicións SEO - SEM
- Optimizar páxinas web
- SEO aplicado a entidades sociais
- SEM e publicidade dixital
- IA para mellora de textos SEO
Inscripcións disponibles a través do seguinte formulario
Máis información en aeiga.org ou nos teléfonos 881 957 452 / 698 120 455

