Por admin_eu, 24 Setembro, 2026
O cultivo do oliveiral

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a xornada formativa sobre oportunidades de negocio "O cultivo do oliveiral" no marco da Rede Eusumo.

Data: 24 de setembro

Horario: de 09:30 h a 14:30 h

Modalidade: Mixta (Presencial + Online)

Lugar: Hotel OCA Puerta del Camino (Santiago de Compostela)

A actividade está dirixida a:

  • Socios e socias das cooperativas agroalimentarias
  • Persoas que teñan vinculación coa economía social
  • Produtores/as do sector agrario, persola técnico, investigadores/as, estudantado e público interesado

Obxectivos:

  • Explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado
  • Promover o coñecemento de novas producións agrarias e gandeiras en ámbitos agroalimentarios de interese crecente en Galicia consideradas como oportunidades de negocio
  • Impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira entre as persoas e as súas familias
  • Fomentar a fixación da poboación no eido rural na contorna das cooperativas agroalimentarias, tanto de persoas socias como de novos emprendedores

Programa:

  • BLOQUE 1: OS GRUPOS OPERATIVOS EN GALICIA
    • SUPRAOLIVO: adaptación agronómica de variedades autóctonas de oliveira, a caracterización físico-química e sensorial de aceites e a avaliación da sustentabilidade e rendibilidade do cultivo en Galicia, Castela e León e Andalucía
    • OLIGALIA: aprendizaxes varietais, agronómicas e territorias en Galicia
    • ULEX: desenvolvemento dun sistema innovador para a valorización do toxo (Ulex spp.) mediante a obtenicón conxunta de fariña para alimentación animal e acha para uso enerxético, con contribución simultánea á precención de incendios forestais na cornixa cantábrica.
  • BLOQUE 2: PROXECTO OLI4FOOD
    • O oliveiral alén do aceite: A valorización de subprodutos e desenvolvemento de alimentos funcionais
  • MESA REDONDA
    • O oliveiral en terras ácidas: dificultades, solucións e posibilidades

Inscripcións disponibles a través do seguinte formulario

Máis información: visita a web agaca.coop ou contacta a través de agaca@agaca.coop

Descarga o programa

Oliveiral

Oliveiral agaca

Data

Categoria