Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
ROGA CULTURAL: A Economía Social e Solidaria para unha Cultura Comunitaria
A Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia (REAS Galicia) organiza a xornada "A Economía Social e Solidaria para unha cultura sostible e comunitaria" no marco da Rede Eusumo.
Data: 2 de outubro
Horario: de 10:00 h a 19:00 h
Modalidade: Presencial
Lugar: Centro de Emprendemento A Estación Cultural, no concello de Vedra
Programa:
- 09:45 h: Benvida e recepción de participantes.
- 10:00 h: Conversa contextual: "TRAZAR UNHA CULTURA COMUNITARIA"
- Diálogo entre axentes sobre a situación e futuro da Cultura Comunitaria.
- 11:00 h: ROGA DE SACHADEIRAS: Grupo de traballo Axentes da Cultura Comunitaria: identificando necesidades na práctica. Dinámica participativa facilitada por 7h cooperativa cultural.
- 12:30 h: Pausa café.
- 13:00 h: ROGA DA SEMENTEIRA: Grupo de traballo Axentes da Cultura Comunitaria: achegando respostas tanxibles ás necesidades actuais do sector. Dinámica participativa facilitada por 7h cooperativa cultural.
- 14:30 h: Pausa xantar (ofrécese servizo de xantar previa reserva)
- 16:00 h: "Próxima estación: Vedra" Roteiro dinamizado de descuberta do centro de emprendemento e proxectos residentes e locais.
- 17:00 h: Gala aberta de mediación creativa "ROGA CULTURAL": Nesta gala non hai alfombra vermella nin etiquetas formais: trátase dunha encontro aberto, moi dinámico e divertido, pensado para romper o xeo e conectar de forma directa proxectos culturais, tecido local e a ESS. A nosa "gala" é en realidade un espazo xogantín de interacción directa onde nos poñemos cara e mans á obra de forma áxil.
- Conducida por unha mestra de cerimonias, consistirá nunha dinámica de presentacións breves (tipo micro aberto ou pitching sen complicacións): cada participante terá un pequeno tempo para contar esa idea que quere lanzar, o proxecto que ten entre mans, pedir axuda para difusión/vendas, propoñer colaboracións ou dicir claramente que necesidades precisa cubrir. A continuación, as persoas asistentes poderán facer as súas achegas directas, ideas ou contactos no momento para axudar a impulsar o que se acaba de expoñer. Unha fórmula sinxela, eficaz e moi entretida para tecer rede sen rodeos!
- 19:00 h: CULTURA COAS PERSOAS NO CENTRO: Conversa á fresca arredor da cartografía de iniciativas culturais con impacto social publicada pola Deputación da Coruña cos proxectos da área compostelá integrados nela.
Inscripcións disponibles a través do seguinte formulario
Máis información: visita a web reas.red ou contacta a través de comunicacion_reasgz@reasnet.com

