Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Tecendo alianzas: mulleres emprendedoras en conexión
Este encontro é unha xornada, organizada polo Polo de Melide en colaboración con Alecrin - Asociación de Mulleres Rurais da Comarca de Melide e Medrando Xuntas, pensada para conectar mulleres emprendedoras e converter as experiencias individuais en forza colectiva.
Data: mércores, 9 de setembro
Horario: 10:00 - 12:15 h
Modalidade: Presencial
Lugar: Sede do Polo de Melide. R/ Convento, n1, Melide, A Coruña
Programa do encontro:
- Presentación da xornada
- Contextualización, obxectivos e explicación da metodoloxía participativa
- Dinámica participativa
- Retos e atrancos: Que dificultades atopas no teu emprendemento?
- Oportunidades: Que fortalezas ou oportunidades identificas?
- Cooperación: Como podemos colaborar entre nós?
- Diálogo aberto con Medrando Xuntas
- Presentación do colectivo Medrando Xuntas e espazo de conversa no que as participantes poden formular preguntas directamente ás integrantes de Medrando Xuntas, que compartiran experiencias, boas prácticas e claves para impulsar o liderado feminino, así como fórmulas de cooperación e creación de iniciativas en economía social.
- Pausa-café
- Ordenación de ideas e propostas de acción
- Revisión conxunta das achegas e identificación de prioridades.
- Definición de posibles liñas de traballo: creación de redes, colaboracións concretas e vías para reforzar o liderado feminino.
- Conclusións
- Síntese final, recollida de impresións e definición de posibles seguintes pasos.
Para máis información podes consultar a web da Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego
Anímate a participar! Investe unhas horas en coñecer información útil, resolver dúbidas, conectar con outras mulleres emprendedoras e dar un paso máis cara ao teu futuro profesional.

