Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
TIC que coidan: Transitando cara o modelo tecnolóxico alternativo coa ESS
A Rede de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia (REAS Galicia) organiza a charla en liña "TIC que coidan: Transitando cara o modelo tecnolóxico alternativo coa ESS" no marco da Rede Eusumo.
Data: 15 de outubro
Horario: de 16:00 h a 18:30 h
Modalidade: En liña
Dirixido a: Emprendedoras, entidades e proxectos que procuran bases dixitais éticas, profesionais que precisan alternativas eficientes aliñadas cos seus valores, persoal técnico de acompañamento ao emprendemento... así como calquera persoa ou entidade interesada na soberanía tecnolóxica.
Programa:
- 16:00 h: A pegada dixital da ESS: As ferramentas dixitais que empregamos están aliñadas cos nosos valores?
- 16:30 h: Tecnoloxía con valores: Ante as grandes potenciais tecnolóxicas, alternativas comunitarias e soberanas.
- 17:00 h: Kit de ferramentas éticas (Demo en vivo): Solucións prácticas e libres de comunicación almacenamento e ofimática para o día a día.
- 18:00 h: Espazo de partilla: Probas, resolución de dúbidas e diagnose exprés de barreiras.
Inscripcións disponibles a través do seguinte formulario

