Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Traballa coa túa idea, xera, crea e constrúe
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) presenta "Obradoiro LEGO® Serious Play®. Traballa coa túa idea, xera, crea e constrúe" no marco da Rede Eusumo.
Data: 14 de outubro
Horario: De 16:00H a 19:30H
Modalidade: Presencial
- Aula 3 - Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais · Santiago de Compostela
Finalidade: Traballa ou constrúe unha idea de Proxecto colectivo e viable, explorando as posibilidades da economía social e das cooperativas.
Destinatarios:
- Alumnado e egresados da USC
- Persoas emprendedoras
- Público en xeral
Contidos do curso:
- 16:00h / 16:25h - Benvida e introdución a LEGO® Serious Play® e á economía social. Primeiras construcións.
- 16:25h / 17:05h - Quen é a nosa clientela? Construción do seu perfil, necesidades e barreiras.
- 17:05h / 17:45h - Que valor lle ofrecemos? Construción da solución e da proposta de valor.
- 17:45h / 17:55h - Pausa
- 17:55h / 18:30h - Como o facemos en equipo? Construción dunha proposta compartida e posibilidades de cooperación.
- 18:30h / 19:10h - Como contamos o proxecto? Mensaxe breve, presentación por equipos e achegas de mellora.
- 19:10h / 19:30h - Próximos pasos. Que necesitamos contrastar coa clientela e como facelo.
As inscricións están abertas ata o 12 de outubro ás 12:00H, prazas limitadas.
- Preme aquí para acceder ao formulario de inscrición.
- Asesoramento gratis para crear o proxecto.
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

