Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Transforma ideas en vídeos atractivos con CapCut
A Rede Eusumo organiza a formación en liña "Transforma ideas en vídeos atractivos con CapCut"
Datas: do 30 de xuño ao 14 de xullo de 2026
Modalidade: en liña
Duración: 20 horas
Inscricións: a través do Campus Eusumo
Obxectivo: Aprender a utilizar CapCut para crear contidos audiovisuais atractivos e profesionais de forma sinxela, potenciando a comunicación visual e a visibilidade do teu proxecto.
Público obxectivo: Persoas emprendedoras e público en xeral, que queiran crear contido audiovisual atractivo para potenciar a súa presenza dixital, a través de ferramentas sinxelas que lles permitan captar clientes e aumentar a visibilidade, sen depender de terceiros.
Programa:
- MÓDULO 1. Introdución a CapCcut e á linguaxe audiovisual
- Comprendendo a edición de vídeo
- Como se contrúe un vídeo
- Descubrindo CapCut
- MÓDULO 2. Edición básica de vídeo con CapCut
- Preparando o proxecto
- Traballando coa timeline
- Creando o primeiro vídeo
- MÓDULO 3. Creando o primeiro vídeo
- Traballando co texto
- Traballando coa timeline
- Creando o primero vídeo
- MÓDULO 4. Ferramentas avanzadas e Intelixencia Artificial en CapCut
- Intelixencia Artificial aplicada á edición
- Ferramentas avanzadas para creadores
- Fluxo profesional e publicacións
As inscricións estarán abertas ata o 29 de xuño de 2026 e faranse seguindo estos pasos:
Darse de alta no Campus Eusumo (plataforma de teleformación)
Automatricularse no curso dentro de dita plataforma
Para máis información, podes poñerte en contacto en info@eusumo.gal

