Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Xornada +COOP: Creamos cooperativas
A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop, organiza a xornada FORMACOOP: "+COOP: Creamos cooperativas", dentro do marco da Rede Eusumo.
Data: 7 de xullo de 2026
Horario: 10:00 - 15:00 h
Lugar: Anacos Educativos S. Coop. Galega. R/Baiuca 2, baixo (A Estrada)
Programa:
- 10:30 h - Benvida e presentación
- 11:00 h - Liñas de apoio e recursos para o emprendemento en cooperativas
- 11:30 h - Coloquio "Os retos de emprender en cooperativas: Luces e sombras"
- 11:45 h - Café networking
- 12:30 h - Resultados do programa +COOP
- 13:00 h- Mesa redonda de grupos de emprendemento e cooperativas beneficiarias do programa
Prazo de inscricións aberto a través da seguinte ligazón.
Para máis información consulta a páxina web espazo.coop

