Novas

A Xunta destaca os avances acadados polos proxectos participantes na aceleradora de economía social que acolleu o Polo de emprendemento de Vilanova

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, visitou hoxe o Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Vilanova de Arousa, onde participou no Demoday da aceleradora de economía social Xunta Impulsa, que acolleu precisamente o Polo arousán.

A Xunta aborda no seo do Consello Galego de Cooperativas as liñas de traballo de 2026 para seguir reforzando o sector na comunidade

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, acompañado pola directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta semana nunha nova reunión da comisión permanente do Consello Galego de Cooperativas, máximo órgano de promoción e difusión do cooperativismo na Comunidade.

A Lei de Economía Social entra en vigor para modernizar o sector e potenciar a inclusión de colectivos vulnerables

Este venres, 10 de abril, entrou en vigor a nova Lei de Economía Social tras a súa publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE/BOE). A normativa, que recibiu o respaldo definitivo do Congreso dos Deputados o pasado 26 de marzo, busca modernizar o ecosistema lexislativo dun sector que, segundo datos do Ministerio de Traballo e Economía Social, dá emprego a máis de 2,5 millóns de persoas en España.

A Xunta destaca o papel dos centros especiais de emprego na inclusión laboral durante a inauguración do Garden Botánico do Lago Castiñeiras en Marín

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, puxo hoxe en valor o labor dos centros especiais de emprego de iniciativa social durante o acto de inauguración do Garden Botánico do Lago Castiñeiras, un proxecto impulsado pola Fundación Juan XXIII. Mariño salientou a importancia desta iniciativa pola súa vocación de visibilizar e potenciar as capacidades das persoas con discapacidade intelectual a través de actividades laborais, formativas e sociais abertas ao conxunto da cidadanía.

A Xunta amplía ata este mércores 1 de abril o prazo para adherirse ao programa ‘Medrando Xuntas’ co fin de foltalecer o papel das mulleres na economía social

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración amplía ata este próximo mércores 1 de abril o prazo para adherirse —a través da Rede Eusumo— á iniciativa Medrando Xuntas, pensada para fortalecer o papel das mulleres na economía social galega. O programa inclúe formacións, encontros e accións de visibilización que buscan poñer no centro o talento e o liderado feminino e que arrancarán o próximo 11 de abril, dirixidas tanto a mulleres traballadoras como socias e directivas.

A Xunta de Galicia destaca que a Rede Eusumo promoveu a creación de case 270 entidades de economía social que xeraron máis de 540 empregos directos

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe en Santiago no encontro Facendo máis Rede 2026, unha xornada dirixida ás entidades socias da Rede Eusumo para reforzar o traballo en rede, compartir iniciativas e avanzar na cooperación entre os distintos axentes vinculados á economía social.