Novas

Lapelas principais

A Xunta destaca en Vilanova de Arousa a importancia de fortalecer a formación do tecido emprendedor para impulsar novos proxectos de economía social

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou hoxe na xornada de presentación da Academia Factoría da Economía Social, organizada pola Unión de Cooperativas EspazoCoop nas instalacións do Polo de Emprendemento de Vilanova de Arousa.

Rueda eloxia o labor dos centros especiais de emprego cara a unha sociedade máis xusta e inclusiva

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu hoxe á cerimonia de entrega dos VII Premios Cegasal, uns galardóns que recoñecen iniciativas vencelladas á inclusión laboral das persoas con discapacidade.

A USC participa na VI Semana Universitaria da Economía Social

Do 24 de marzo ao 3 de abril de 2025 celebrarase a VI Semana Universitaria da Economía Social, un evento internacional que reunirá a 35 universidades de España, Portugal e Latinoamérica. En total, desenvolveranse máis de 120 actividades destinadas a achegar a Economía Social á comunidade universitaria e dar visibilidade ao traballo de investigación e formación que se realizaron.

A economía social galega estará presente no Galicia Fórum Gastonómico 2025

A economía social de Galicia estará presente, da man da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, no Galicia Fórum Gastronómico 2025, que terá lugar en Expocoruña entre o 23 e o 25 de Marzo.

Na súa 10ª edición en Galicia o programa contará coa presenza de grandes chefs que cociñarán en directo tanto no  Auditorio como nos Obradoiros, nos que ofrecerán degustacións.

EspazoCoop lanza un programa de aceleración para proxectos cooperativos e de economía social

A Unión de Cooperativas EspazoCoop lanza o programa de aceleración ES-Factory EspazoCoop – Impulsa, que se compón de formación, mentorías e apoio na busca de financiamento para persoas emprendedoras que desenvolvan iniciativas enmarcadas nas economías emerxentes que se organicen mediante fórmulas empresariais do sector da economía social.