Novas

Lapelas principais

A Xunta pon de relevo o pulo feminino no eido do emprendemento e da economía social

A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, participou esta tarde no arranque do encontro Medrando xuntas entre mulleres, impulsado desde o Polo de emprendemento do Porriño. No seu primeiro acto desde que foi nomeada secretaria xeral, destacou que o 55 % das máis de mil persoas emprendedoras que levan acudido a este Polo son mulleres, confirmando o importante pulo feminino no eido do traballo por conta propia.

A Xunta lanza os apoios deste ano para a creación de cooperativas e sociedades laborais dotados con máis de 2,3 M€ e co foco na remuda xeracional

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de axudas de ES-Transforma deste ano, dotada con máis de 2,3 M€, e destinada a impulsar a creación de cooperativas e sociedades laborais. Deste xeito, busca facilitar a continuidade de negocios sen remuda xeracional e favorecer novas iniciativas de emprendemento colectivo no marco da economía social, ofrecendo así unha alternativa sólida de emprego estable e con arraigamento no territorio.

A Xunta recoñece o labor de Algalia, Larega e Xallas-Santa Comba nos Premios á Cooperación 2026

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución dos Premios á Cooperación 2026, unha iniciativa da Xunta que ten como obxectivo recoñecer o labor das cooperativas galegas que destacan pola súa contribución ao desenvolvemento económico e social, á promoción dos principios cooperativos e ao fortalecemento da economía social no conxunto do territorio.

A Xunta entrega os recoñecementos ‘Medrando Xuntas Impulsa 2026’ para visibilizar o talento feminino na economía social de Galicia

As directoras xerais de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, e de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, participaron hoxe na entrega dos recoñecementos Medrando Xuntas Impulsa 2026, distribuídos en tres categorías arredor do impacto social, da innovación e da sostibilidade no marco da iniciativa autonómica concibida para fortalecer o papel das mulleres na economía social galega.

O CEIP Os Casais de Fene é recoñecido pola Xunta polo seu compromiso coa difusión dos valores cooperativos

O CEIP Plurilingüe Os Casais, en Fene, foi recoñecido pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración no certame “Cooperativismo no ensino 2026”. O centro conseguiu un accésit na categoría dirixida ao alumnado de terceiro e cuarto de primaria polo traballo “Cooperando por un patio feliz”, debido á promoción que fai dos principios e valores do cooperativismo.

Galicia celebra o Día do Cooperativismo Galego 2026: Unión, paz e premios

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración convida a toda a comunidade a sumarse ao Día do Cooperativismo Galego 2026. Coincidindo co Día Internacional das Cooperativas, esta cita anual recoñece o impacto social e a innovación dun modelo empresarial clave para Galicia.

Baixo o lema "Cooperativas por un mundo en paz", a edición deste ano destaca o papel destas organizacións para construír sociedades máis cohesionadas, inclusivas e pacíficas.

Os momentos clave do evento: