Novas

Separadores primários

Susana Pérez Iglesias toma posesión como secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, presidiu hoxe a toma de posesión de Susana Pérez Iglesias como nova secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais. Deste xeito ocupará o cargo que deixou na Consellería de Emprego, Comercio e Emigración Pablo Fernández López, que a comezos de mes foi nomeado delegado territorial da Xunta en Pontevedra.

A Xunta recoñece o compromiso do CEIP San Miguel de Reinante coa difusión dos valores cooperativos

O CEIP San Miguel de Reinante (Barreiros) será recoñecido pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración no certame “Cooperativismo no ensino 2026”. O centro foi galardoado con dous accésits polos traballos “A comunidade do xeo” (2º ciclo educación infantil) e “O barrio cooperativo” (1º-2º educación primaria) nos que se promoven os principios e valores do cooperativismo entre o alumnado.

O CEIP de Domaio, en Moaña, destaca un ano máis como o centro máis comprometido cos valores do cooperativismo

O CEIP de Domaio (Moaña) será recoñecido pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración no certame “Cooperativismo no ensino 2026”. O centro foi galardoado co primeiro premio en catro das cinco categorías existentes cos traballos “O Pobo Maia. Pingas de Cooperación” (educación infantil), “Aprendemos de Xapón. Exemplo de Cooperación” (1º-2º educación primaria), “Cooperación. Pequenas accións que moven o mundo” (3º-4º educación primaria) e “NeuroRoma: conexións cooperativas” (5º-6º educación primaria).

A Xunta premia ao CEIP Plurilingüe Santa Mariña, en Vigo, polo seu compromiso cos valores cooperativos

O CEIP Plurilingüe Santa Mariña (Vigo) será recoñecido pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración no certame “Cooperativismo no ensino 2026”. O centro vigués foi galardoado co primeiro premio da categoría “Actividades cooperativizadas” polo traballo titulado “Creamos xogos na carpintería” e que destaca pola súa contribución á promoción dos principios e valores do cooperativismo entre o alumnado.

Pont-Up Store abre o prazo de candidaturas para a súa 13ª edición

O encontro de emprendemento celebrarase os días 11 e 12 de setembro na Praza de España de Pontevedra. As candidaturas pódense presentar ata o 3 de xullo de forma gratuíta.

A Asociación para o Emprendemento e a Innovación Pont-Up Store abre o prazo para que emprendementos con menos de 3,5 anos poidan participar na súa 13ª edición, que terá lugar os días 11 e 12 de setembro de 2025 na Praza de España de Pontevedra.

A Xunta destaca a economía social como modelo empresarial de referencia centrado nas persoas e con capacidade para conectar talento e territorio

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe en Vigo no foro de recursos humanos Transforma HR cun relatorio no que defendeu a economía social como un modelo empresarial referente centrado nas persoas e con impacto directo na xestión do talento e na xeración de emprego aliñado coas necesidades do territorio.