Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
O Consello Galego de Cooperativas é o máximo órgano de promoción e difusión do cooperativismo na Comunidade Autónoma de Galicia.
É un órgano colexiado no que participan as diferentes administracións, institucións e organizacións cooperativistas, adscrito á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
Cales son as súas funcións?
- Colaborar na investigación, planificación e execución de programas de fomento do cooperativismo.
- Elaborar propostas, ditames e informes sobre cuestións que afecten ao sector.
- Realizar estudos e impulsar accións para facilitar a intercooperación.
- Emitir informes preceptivos sobre proxectos de disposicións legais.
- Conciliar e exercer a arbitraxe en cuestións litixiosas.
- Promover a educación cooperativa no sistema educativo.
- Xestionar fondos de formación e promoción previstos na Lei de cooperativas.
Cal é a súa composición?
-
1Presidencia: Titular da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
-
2Titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais.
-
3Unha persoa representante de diversas Consellerías:
- Consellería do Medio Rural
- Consellería do Mar
- Consellería de Política Social e Igualdade
- Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
-
4Representante dos concellos de Galicia.
-
5Representante das universidades galegas.
-
6Sete persoas representantes das cooperativas galegas.
-
7Representante das cooperativas de crédito galegas.
