Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento e o desenvolvemento da economía social. Con ela procúrase o fomento do espírito emprendedor prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.
A través da Rede Eusumo:
-
Préstase apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.
-
Póñense a disposición das persoas e entidades interesadas medios para o emprendemento entre os que se inclúen as instalacións para albergar o inicio de proxectos empresariais de economía social.
-
Impúlsase o modelo empresarial no ámbito local, a través de accións de formación, divulgación e asesoramento para o autoemprego na economía social.
Que obxectivos persegue?
-
Proporcionar información, formación, orientación e asesoramento no ámbito cooperativo e de economía social.
-
Acompañar e asesorar proxectos empresariais cooperativos e de economía social.
-
Promocionar as tecnoloxías da información e comunicación así como o impulso da I+D+i e do traballo en rede.
-
Apoiar a comercialización e internacionalización das entidades de economía social, promovendo encontros internacionais e transfronteirizos para o intercambio comercial e a cooperación empresarial.
-
Realización de análises e estudos en temáticas de interese para a economía social, así como para o desenvolvemento local.
-
Reforzar a presenza de asociacións e empresas de economía social en redes de intercooperación de carácter nacional e internacional para a promoción do cooperativismo e da economía social.
Cales son as vantaxes de pertencer á Rede Eusumo?
As entidades adheridas á Rede obterán as seguintes vantaxes:
-
Colaboración en rede con outras entidades que teñen obxectivos semellantes.
-
Utilización dos diferentes centros da rede.
-
Acceso a diferentes apoios e incentivos.
-
Prioridade no aproveitamento de recursos e medios para o fomento da economía social.
-
Recursos didácticos e material divulgativo e documentación de apoio.
-
Difusión das actividades e fins da entidade.
Así mesmo estarán a disposición das entidades adheridas á Rede Eusumo en xeral, os seguintes medios e recursos:
-
Medios técnicos necesarios para os labores de formación, información e asesoramento nos Centros da Rede Eusumo.
-
Recursos didácticos e material divulgativo.
-
Elementos e accións para a promoción, difusión e coñecemento do cooperativismo e a economía social.
Documentación de referencia:
