Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Mentoría para a profesionalización e consolidación da Economía Social
Este programa ofrece un servizo estratéxico de mentoría especializada dirixido a entidades de economía social en fase de consolidación (máis de 42 meses de antigüidade ou en etapa de profesionalización avanzada).
O noso obxectivo é axudar ás entidades a dar un salto de escala na súa competitividade, con especial atención ao ámbito rural e a sectores estratéxicos como a economía verde, dixital, tecnolóxica e dos coidados.
Que ofrecemos?
- Detección de necesidades e diagnóstico individualizado.
- Acompañamento por unha Rede Galega de Persoas Mentoras con ampla experiencia.
- Plan personalizado de mellora e consolidación empresarial.
Ligazóns aos formularios:
1. Queres ser mentor/a?
Inscríbete na nosa rede de expertos (mínimo 2 anos de experiencia en economía social).
2. Necesitas mentoría para a túa entidade?
Solicita o servizo para profesionalizar o teu proxecto.
Datos de contacto:
Teléfono: 617 238 259
