Novas

Separadores primários

Belén do Campo salienta o apoio da Xunta aos centros especiais de emprego cunha nova orde para o 2026 de 27 M€ para favorecer a inclusión laboral das persoas con discapacidade

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada polo director territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Juan José Couce, visitou esta mañá en Oleiros as instalacións de Hornos Lamastelle, un dos centros especiais de emprego beneficiarios da orde de axudas da Xunta de Galicia correspondente ao ano 2025, dirixida ao mantemento do custo salarial das persoas traballadoras con discapacidade nestes centros.

A Xunta reafirma no ‘Día da Economía Social Galega’ o seu compromiso con este ecosistema no marco da Estratexia específica Horizonte 2027

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, e pola directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, interveu hoxe na clausura do Día da Economía Social Galega organizado por Foroesgal, onde puxo en valor o peso na nosa Comunidade desta fórmula solidaria pegada ao territorio, xeradora de riqueza e emprego tanto en vilas como en cidades.

A Xunta pon de relevo a colaboración con Portugal para darlle pulo á economía social como fórmula solidaria pegada ao territorio

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta mañá na mesa redonda sobre políticas territoriais de fomento da economía social do XI Coloquio Ibérico de economía social, organizado polas seccións portuguesa e española de CIRIEC (Centro Internacional de Investigación e Información sobre a Economía Pública, Social e Cooperativa). Alí, destacou o apoio da Xunta a esta fórmula económica solidaria pegada ao territorio, cun orzamento próximo aos 45 M€ este ano.

Segue aberta a nova convocatoria das axudas Aprol Economía Social que o ano pasado deixaron máis de 2 millóns de euros nas sociedades e cooperativas da provincia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá as instalacións da empresa Motomiño, no concello de Tomiño, con motivo das axudas Aprol Economía-Social.

Esta empresa foi unha das beneficiarias da convocatoria do pasado ano, recibindo unha achega de 18.000 euros pola incorporación de dúas persoas con carácter indefinido. Estas axudas teñen como obxectivo facilitar a achega das persoas socias ao capital social e reforzar o emprendemento no eido da economía social, favorecendo a incorporación estable de persoas ás cooperativas e sociedades laborais.

A Xunta pon de relevo os proxectos desenvolvidos por máis de 80 estudantes na Escola de Novos Cooperativistas de Ordes ao abeiro da Rede Eusumo

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe na Feira da innovación cooperativa, impulsada pola Mancomunidade de Ordes e apoiada pola Xunta. Alí, puxo en valor as cooperativas escolares presentadas hoxe por máis de 80 estudantes e a oportunidade de compartir experiencias sobre o emprendemento colectivo e a economía social.

A Xunta presenta o modelo galego de economía social no XI Coloquio Ibérico de Lisboa

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participará o vindeiro xoves 28 de maio no XI Coloquio Ibérico de Economía Social, que se celebra do 27 ao 29 de maio en Lisboa e Caldas da Rainha (Portugal).