Novas

Separadores primários

Manuel Pardo salienta o apoio da Xunta aos centros especiais de emprego cunha nova orde de 27 M€ para favorecer a inclusión laboral de persoas con discapacidade

O delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, visitou esta mañá a Asociación Aixiña, un dos 13 centros especiais de emprego ourensás beneficiarios na orde de axudas do ano 2025, dirixidas ao mantemento do custo salarial das persoas traballadoras con discapacidade nestes centros, aos que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destinou preto de 1,3 M€ para o mantemento de 217 postos de traballo.

Rueda pon a Covirán como exemplo de éxito da economía social e destaca a súa aposta por Galicia coa modernización da súa plataforma loxística

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a traxectoria e o compromiso do grupo Covirán co desenvolvemento económico de Galicia. Durante unha visita á súa plataforma loxística no polígono compostelán do Tambre, o titular do Executivo autonómico puxo en valor o esforzo da cooperativa por modernizar e ampliar estas instalacións para facelas máis competitivas, o que cualificou como unha proba da súa aposta pola comunidade.

A Xunta lanza os recoñecementos "Medrando Xuntas Impulsa 2026" para visibilizar o talento femenino na economía social de Galicia.

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración lanza os recoñecementos Medrando Xuntas Impulsa 2026 no marco da iniciativa autonómica en marcha para fortalecer o papel das mulleres na economía social galega.

O Foro de Financiamento "Emprender con Impacto" chega a Arcos de Valdevez para impulsar a Economía Social transfronteiriza

O vindeiro 21 de maio de 2026, o Auditorio de In.Cubo transformarase no "Escenario dos Soños" para acoller o evento final do proxecto Es-Factory. Baixo o lema "O Teu Futuro na Economía Social", este foro busca conectar a emprendedores innovadores con fontes de financiamento, expertos e premios en metálico.

O Encontro Medrando Xuntas reunirá en Santiago ás mulleres que están a transformar a Economía Social galega

O programa Medrando Xuntas celebrará o vindeiro 19 de xuño ás 12:30 horas na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, o seu encontro anual, unha cita que reunirá a mulleres de toda Galicia vinculadas á Economía Social.

O Encontro Medrando Xuntas configúrase como un espazo de inspiración, recoñecemento e conexión no que socias, traballadoras, directivas e emprendedoras compartirán aprendizaxes e experiencias, poñendo en valor o seu papel na construción dun modelo económico máis xusto, colaborativo e sostible.

A Xunta lanza a nova edición de axudas aos Centros Especiais de Emprego dotada con 27 M€ para impulsar a inserción laboral de persoas con discapacidade

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para impulsar a inserción laboral das persoas con discapacidade en Galicia, cun orzamento inicial de máis de 27 M€.