Novas

A Xunta pon en valor a promoción e impulso do cooperativismo e da economía social no marco da 5ª edición da Exposición Agrogandeira de Trevinca

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou esta tarde na Veiga a 5ª edición da Exposición Agrogandeira de Trevinca, que reúne gañado bovino, ovino, caprino ou equino, demostracións con maquinaria agrícola ou distintos postos con produtos agroalimentarios.

A Xunta pon en valor a bioeconomía como motor de emprendemento a través da candidatura de colaboración transfronteiriza GreenSeed

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta mañá na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC na inauguración da xornada Tendencias en bioeconomía, un encontro no que se abordou a capacidade da bioeconomía para impulsar o emprendemento e no que se presentou tamén a candidatura do proxecto GreenSeed ao programa Interreg España-Portugal (Poctep) a través dun consorcio liderado pola Xunta.

A Xunta somete a exposición pública a nova Lei de cooperativas que impulsará actividades estratéxicas e simplificará trámites

A Xunta de Galicia acaba de sacar a exposición pública a nova Lei de Cooperativas, que busca impulsar actividades estratéxicas como os coidados, a enerxía ou a vivenda e simplificar trámites.

Marta Villaverde sitúa o sector marisqueiro como axente clave na economía social de Galicia

A Conselleira do Mar, Marta Villaverde, reivindicou ao sector do marisqueo como axente clave na economía social de Galicia.

A Xunta salienta o papel da economía social como motor de emprego e de emprendemento feminino

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe na facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago na xornada Taller de sinerxías e economía social: Dor crónica e vulnerabilidade nas mulleres, organizada pola Fundación Finnova no marco do proxecto Sembrando Iniciativa. Mariño subliñou a importancia de crear espazos de visibilización, empoderamento e networking como os desta xornada, orientada a xerar oportunidades de formación, orientación e emprego para mulleres en situación de vulnerabilidade.

A Xunta financia a posta en marcha dun novo centro de atención diúrna para persoas con alzhéimer ao abeiro das estratexias de desevolvemento local

A Xunta, a través dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (Galp), desprega a liña de axudas para o desenvolvemento de proxectos vencellados ás Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP). Unha das iniciativas beneficiarias destes apoios é o novo centro de atención diúrna impulsado pola Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos de Alzheimer e outras Demencias (Agadea) no concello coruñés de Boiro.