Por admin_eu, 1 Febreiro, 2021
Convocatoria Premios á Cooperación 2021

A Consellería de Emprego e Igualdade vén de publicar as bases reguladoras dos Premios á Cooperación 2021.

O obxectivo deste programa é fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma galega.

Os premios establecidos distinguen nas seguintes categorías:

  • Aos valores cooperativos
  • Ao mellor proxecto cooperativo novo
  • Á traxectoria cooperativa

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de abril de 2021.

Para consultar a orde completa, preme aquí.

Descarga o cartel dos premios aquí.

 

Premios á coop 2021

Data

Categoria