Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Aberto o prazo de inscrición para participar no Pont - Up Store 2025
Xa podes presentar a túa candidatura para participar na 12ª edición do Encontro de Emprendemento PONT-UP STORE, que se celebrará os días 19 e 20 de setembro en Pontevedra.
Esta iniciativa dirixida pola Asociación para o Emprendemento e a Innovación: Pont-Up Store, promovida dende o Campus CREA de Pontevedra (Universidade de Vigo) e que conta co apoio do Concello de Pontevedra como patrocinador principal é froito da cooperación de máis de 50 entidades públicas e privadas que durante estes anos foron sumándose ata conformar un ecosistema de apoio ao emprendemento co obxectivo de converter a Pontevedra durante dous días na capital galega das mellores iniciativas empresariais.
Se tes un novo emprendemento con menos de 3,5 anos (42 meses) dende a creación da empresa envía a túa candidatura.
Podes escoller ata o 4 de xullo entre 3 modalidades de participación gratuítas:
-
DISPOÑER DUN STAND SEN CUSTE durante dous días.
-
PROPOR ACTIVIDADE DEMOSTRATIVA para o programa de actividades, na que cada emprendemento leva os seus materiais.
-
PARTICIPAR NO ‘PONT-UP VENTURE’ onde terás a oportunidade de presentar o teu emprendemento a un xurado de expertos en inversións.
Podes solicitar unha ou varias opcións cun mesmo ou diferentes emprendementos. Se xa participaches noutra edición do Pont-Up Store, podes presentar candidatura para o Pont-Up Venture posto que se trata dunha nova modalidade.
Este ano volverá haber tres modalidades de participación: presentar un emprendemento nun dos máis de 30 stands gratuítos dispoñibles, propor unha actividade demostrativa e participar no Pont-Up Venture no que ata 8 empresas serán seleccionadas para explicar en 3 minutos o seu emprendemento a un xurado de expertos en inversións. As candidaturas poderanse presentar a unha ou varias modalidades ata o 4 de xullo a través da web www.pontupstore.com
Máis información e o formulario de participación.

