Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Axudas para o fomento do asociacionismo na utilización de maquinaria e equipamento agrarios en réxime asociativo en Galicia
A Conselleria do Medio Rural establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia e se convocan para o ano 2025.
Cal é a finalidade destas axudas?
A concesión de axudas para promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo, fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos e racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.
Quen pode solicitar estas axudas?
- As cooperativas agrarias.
- Cooperativas de utilización de maquinaria en común (CUMA).
- As cooperativas de explotación comunitaria da terra de 5 ou menos anos de antigüidade.
- As sociedades agrarias de transformación procedentes da fusión de polo menos dúas explotacións agrarias nos últimos 5 anos naturais, en diante SAT de fusión.
Ata cando se poden presentar as solicitudes?
O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 5 de setembro de 2025.
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (MR351A), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude
