By admin_eu, 6 Agosto, 2025
Axudas para o fomento do asociacionismo na utilización de maquinaria e equipamento agrarios en réxime asociativo en Galicia

A Conselleria do Medio Rural establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia e se convocan para o ano 2025.

Cal é a finalidade destas axudas?

A concesión de axudas para promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo, fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos e racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.

Quen pode solicitar estas axudas?

  1. As cooperativas agrarias.
  2. Cooperativas de utilización de maquinaria en común (CUMA).
  3. As cooperativas de explotación comunitaria da terra de 5 ou menos anos de antigüidade.
  4. As sociedades agrarias de transformación procedentes da fusión de polo menos dúas explotacións agrarias nos últimos 5 anos naturais, en diante SAT de fusión.

Ata cando se poden presentar as solicitudes?

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 5 de setembro de 2025.

Recorda consultar a orde completa antes de facer a solicitude

Programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais

Data

Categoria