Por admin_eu, 6 Agosto, 2025
Cooperar é Galicia. Ano Internacional das Cooperativas 2025 - AGACA

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) creou un vídeo para destacar a importancia do modelo cooperativo no sector agrícola e gandeiro galego, polo ano Internacional das Cooperativas 2025.

O vídeo pon en valor como a cooperación permite as persoas produtoras acceder a mellores recursos, tecnoloxías avanzadas, formación especializada e asesoramento profesional. Isto non só mellora a súa eficiencia, senón que tamén reduce os custos de produción e comercialización, traducíndose en mellores condicións no mercado.

Así mesmo, neste vídeo promovese como as cooperativas son un motor económico clave na comunidade, xa que producen e subministran máis do 50% dos pensos consumidos e máis do 35% dos fertilizantes, ademais de comercializar unha parte significativa dos produtos galegos en mercados internacionais, como o 40% do viño galego en máis de 60 países.

Este modelo de negocio tamén se basea en valores de cooperación, colaboración e unidade, que fortalecen os lazos comunitarios e o compromiso co desenvolvemento local, a preservación de tradicións e a valorización dos produtos propios. O vídeo invita ás persoas consumidoras a apoiar este modelo, xa que ao elixir produtos cooperativos están a impulsar a economía local, a creación de emprego e o futuro das súas comunidades.

Para máis información sobre as cooperativas, non dubides en ver o seguinte vídeo.

Podes atopar máis información sobre o Ano internacional das Cooperativas 2025, no seguinte ligazón.

Cooperar é Galicia. Ano Internacional das Cooperativas 2025 - AGACA

Data