Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Cooperativa de impulso ao emprendemento
A Universidade de Santiago de Compostela presenta un programa de "Cooperativa de impulso ao emprendemento" no marco do proxecto europeo Es-Factory. Neste programa as persoas adquirirán competencias e habilidades de xestión empresarial en cooperativas a través de formación e acompañamento interim manager.
Data de inscrición: Ata o 17 de novembro
Dirixido a: calquera persoa residente en Galicia ou no Norte de Portugal
Modalidade: semipresencial
Como participar:
- Achegando unha idea de negocio sobre a que se creará un equipo multidisciplinar para impulsar a mesma.
- Achegando unha idea de negocio e traballando sobre a mesma co equipo que ti propoñas.
- Formando parte dun equipo multidisciplinar que se creará para apoiar unha idea de negocio.
Faes do programa
- Xornada de "Xerando e seleccionando ideas" (3 horas)
- Xornada de "Conformando equipos" (3 horas)
- Formando, apoiando e impulsando cooperativas (16 horas)
Inscricións: a través deste formulario
Para calquera dúbida ou consulta, pódese contactar a través de usc@es-factory.eu
Descarga o cartel

