Por admin_eu, 15 Octubre, 2025
Cooperativa de impulso ao emprendemento

A Universidade de Santiago de Compostela presenta un programa de "Cooperativa de impulso ao emprendemento" no marco do proxecto europeo Es-Factory. Neste programa as persoas adquirirán competencias e habilidades de xestión empresarial en cooperativas a través de formación e acompañamento interim manager.

 
Data de inscrición: Ata o 17 de novembro
Dirixido a: calquera persoa residente en Galicia ou no Norte de Portugal
Modalidade: semipresencial
 
Como participar:
  • Achegando unha idea de negocio sobre a que se creará un equipo multidisciplinar para impulsar a mesma.
  • Achegando unha idea de negocio e traballando sobre a mesma co equipo que ti propoñas.
  • Formando parte dun equipo multidisciplinar que se creará para apoiar unha idea de negocio.
Faes do programa
  • Xornada de "Xerando e seleccionando ideas" (3 horas)
  • Xornada de "Conformando equipos" (3 horas)
  • Formando, apoiando e impulsando cooperativas (16 horas)

Inscricións: a través deste formulario

Para calquera dúbida ou consulta, pódese contactar a través de usc@es-factory.eu

 

Descarga o cartel

Cooperativa de impulso ao emprendemento

Data

Categoria