O Consello Galego de Cooperativas é o máximo órgano de promoción e difusión do cooperativismo na Comunidade Autónoma de Galicia.
É un órgano colexiado no que participan as diferentes administracións, institucións e organizacións cooperativistas, adscrito á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Cales son as súas funcións?

  • Colaborar na investigación, planificación e execución de programas de fomento do cooperativismo.
  • Elaborar propostas, ditames e informes sobre cuestións que afecten ao sector.
  • Realizar estudos e impulsar accións para facilitar a intercooperación.
  • Emitir informes preceptivos sobre proxectos de disposicións legais.
  • Conciliar e exercer a arbitraxe en cuestións litixiosas.
  • Promover a educación cooperativa no sistema educativo.
  • Xestionar fondos de formación e promoción previstos na Lei de cooperativas.

Cal é a súa composición?

  • 1
    Presidencia: Titular da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
  • 2
    Titular da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais.
  • 3
    Unha persoa representante de diversas Consellerías:
    • Consellería do Medio Rural
    • Consellería do Mar
    • Consellería de Política Social e Igualdade
    • Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
  • 4
    Representante dos concellos de Galicia.
  • 5
    Representante das universidades galegas.
  • 6
    Sete persoas representantes das cooperativas galegas.
  • 7
    Representante das cooperativas de crédito galegas.