Cabecera
Como integrarse na rede

Pasos para adherirse á Rede Eusumo

Poderán ser entidades colaboradoras da Rede:

  • As administracións públicas, así como as entidades públicas instrumentais dependentes destas.
  • As asociacións de entidades de economía social e as agrupacións destas, constituídas para a representación e defensa dos seus intereses conforme o establecido no artigo 7.1 da Lei 5/2011, do 29 de marzo, de economía social.
  • As sociedades cooperativas galegas.
  • As fundacións e asociacións.
  • As universidades.
  • As cámaras de comercio, organizacións profesionais, empresariais e sindicais.
  • Outras entidades sen ánimo de lucro.

A condición de entidade colaboradora non leva consigo contrapartida financeira e ten carácter indefinido mentres se manteñan as condicións que permitiron a súa adhesión e non se produza a denuncia ou revogación do convenio de colaboración.

As entidades interesadas en pertencer á Rede Eusumo deberán acreditar o seu interese no desenvolvemento do cooperativismo e da economía social, no apoio ao emprendemento ou no desenvolvemento local.

O proceso a seguir é:

  1. Presentar a solicitude (Anexo I) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (sede.xunta.es), procedemento TR813A, achegando a documentación que se especifica.
  2. A solicitude irá acompañada dunha memoria explicativa (Anexo II) na que se recollen aspectos como:
    • Identificación da entidade e descrición do obxecto social.
    • Descrición dos motivos polos que quere adherirse á Rede.
    • Actividades realizadas para o fomento da economía social.
    • Medios que porá a disposición da Rede.

Unha vez aprobada a adhesión, esta formalízase cun convenio de colaboración* entre a Xunta de Galicia e a entidade socia.

* As entidades co convenio anterior ao ano 2018 e que non teñan asinado o convenio adaptado á Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, perderon a súa condición de socios da Rede Eusumo. No caso de estar interesadas na pertenza á rede deberán volver a solicitar a súa adhesión.

Documentación de referencia: