Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Es unha persoa emprendedora?
En que vos pode axudar a Rede Eusumo?
-
Axúdavos a xerar a idea de negocio, así como a desenvolvela.
-
Asesóravos e acompáñavos nos vosos proxectos empresariais.
-
Garántevos formación e información en cooperativismo e economía social.
-
Facilítavos todo o apoio necesario nos trámites administrativos para constituír a vosa empresa ou entidade (trámites de constitución, elaboración dos estatutos…)
Ademais …
-
Asesora e acompaña as entidades de economía social no ámbito societario e en materia de xestión empresarial.
-
Axuda as entidades de economía social a impulsar novas liñas de negocio e xerar novos proxectos.
-
Traballa na definición do modelo empresarial e a elaboración do plan de empresa para as entidades de economía social.
A Rede Eusumo adáptase a vós...
-
tanto se queredes constituir o voso proxecto no marco das entidades de economía social coma se precisades consolidar algún aspecto da vosa empresa
-
A Rede Eusumo e as persoas técnicas que a conforman adaptan os plans de asesoramento as vosas necesidades e as das vosas empresas e proxectos
A Rede Eusumo axúdate no teu emprendemento cooperativo ou doutro tipo de entidade de economía social de Galicia.
Es unha entidade socia?
Coa idea de establecer unha folla de ruta que defina a grandes liñas o itinerario de atención personalizada aos grupos promotores, a Rede Eusumo lanza o itinerario do emprendemento da economía social.
Este itinerario pode entenderse como un plan de acción que permita un aliñamento e colaboración activa e coordinada entre as entidades socias da Rede Eusumo no marco da atención a proxectos de economía social. Nel especifícanse as actividades que cómpre desenvolver en cada unha das etapas do proxecto, os responsables da súa execución, o prazo estimado para a súa realización etc e outros aspectos que axuden á organización desta actividade e o traballo colaborativo e en rede.
Descarga o itinerario premendo aquí.
Modelo de fichas de alta de proxectoModelo de fichas de seguimento


