Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Calquera persoa interesada pode atopar neste catálogo información sobre as entidades que actualmente forman parte da economía social de Galicia:
- Cooperativas
- Sociedades laborais
- Centros especiais de emprego
- Empresas de inserción
- Mutualidades
- Confrarías de pescadores
- Sociedades agrarias de transformación
- Comunidades e mancomunidades de montes en man común
- Asociacións e fundacións con actividade económica
Ademáis dos datos básicos proporcionados polos diferentes rexistros autonómicos, as propias entidades incluídas no catálogo poden engadir e actualizar os seus datos de contacto, comerciais e de actividade, para favorecer a súa visualización e promover as relacións entre entidades.
O Catálogo galego de entidades da economía social está regulado na Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia. A súa xestión correspóndelle á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.
