Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Curso de teleformación: Desenvolvendo a idea cooperativa
A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza a teleformación "Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas" no marco da Rede Eusumo.
Data: Do 31 de marzo a 24 de Abril
Horas: 25
Modalidade: en liña
Obxectivos:
- Achegar o modelo cooperativo á mocidade para potenciar o emprendemento a través da fórmula do autoemprego cooperativo.
- Mostrar de xeito práctico e achegado á realidade as condición e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.
- Achegar recursos e medidas de apoio existentes que favorezan o emprendemento colectivo na mocidade.
- Coñecer recursos e metodoloxías que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais.
- Desenvolver habilidades persoais clave no traballo colaborativo.
- Coñecer que debemos analizar e ter en conta para facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable.
- Elaborar conxuntamente o prototipo do proxecto.
- Avaliar requisitos e compromisos como grupo promotor, tarefas a desenvolver e calendario de actuación
Persoas destinatarias:
- Persoas mozas en busca de emprego
- Emprendedoras
- Ocupadas e con interese en crear un proxecto de emprendemento cooperativo.
Inscricións: a través deste formulario
Máis información: visita a web espazo.coop ou contacta a través de patane@espazo.coop
Descarga o cartel

