By admin_eu, 24 Março, 2025
Curso de teleformación: Desenvolvendo a idea cooperativa

A Unión de Cooperativas EspazoCoop organiza a teleformación "Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas" no marco da Rede Eusumo.

Data: Do 31 de marzo  a 24 de Abril

Horas: 25

Modalidade: en liña

Obxectivos: 

  • Achegar o modelo cooperativo á mocidade para potenciar o emprendemento a través da fórmula do autoemprego cooperativo.
  • Mostrar de xeito práctico e achegado á realidade as condición e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.
  • Achegar recursos e medidas de apoio existentes que favorezan o emprendemento colectivo na mocidade.
  • Coñecer recursos e metodoloxías que nos axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais.
  • Desenvolver habilidades persoais clave no traballo colaborativo.
  • Coñecer que debemos analizar e ter en conta para facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable.  
  • Elaborar conxuntamente o prototipo do proxecto.
  • Avaliar requisitos e compromisos como grupo promotor, tarefas a desenvolver e calendario de actuación

Persoas destinatarias:

  • Persoas mozas en busca de emprego
  • Emprendedoras 
  • Ocupadas e con interese en crear un proxecto de emprendemento cooperativo. 

Inscricións: a través deste formulario

Máis información: visita a web espazo.coop ou contacta a través de patane@espazo.coop

 

Descarga o cartel

Curso de teleformación: Desenvolvendo a idea cooperativa

Data

Categoria