Por admin_eu, 6 Xullo, 2026
FUNDAMAR, a Cofraría de Pescadores de Vigo e Espazocoop convídante á III edición da Feira #ESDOMAR

FUNDAMAR, a Confraría de Pescadores de Vigo e a Unión de Cooperativas Espazocoop organizan a terceira edición da Feira de Economía Social do Mar #ESDOMAR, un proxecto que conta co financiamento da Rede Eusumo.

#ESDOMAR é un espazo de encontro para as entidades de economía social, onde amosar os seus produtos e servizos á cidadanía, poñer en valor o seu traballo e fortalecer o tecido económico e social do territorio. O obxectivo é dar visibilidade ás entidades da contorna, fomentar o consumo responsable e promover a creación de redes de colaboración e apoio mutuo, apostando polo potencial transformador da economía social no desenvolvemento local sostible, inclusivo e solidario.

Tres zonas para vivir a feira

A Feira #ESDOMAR estrutúrase en tres espazos pensados para achegar as entidades da economía social á cidadanía:

  • Zona de expositores: postos para exhibir e comercializar produtos e servizos, e dar visibilidade á actividade das entidades participantes.
  • Zona de presentacións: espazo con pantalla para a proxección de material audiovisual, destinado á exposición de proxectos e iniciativas.
  • Zona de lecer: propostas gastronómicas, actuacións musicais e obradoiros, para crear un ambiente dinámico e participativo aberto a todos os públicos.


Anímate a participar

Tes interese en conectar con outras iniciativas do sector marítimo-pesqueiro e tecer rede? Cubre o formulario de inscrición antes do 7 de agosto e forma parte dun evento que pon en valor o esforzo colectivo e a innovación social. #ESDOMAR é o teu espazo. A feria celebrarase o sábado, 26 de setembro, na lonxa do porto pesqueiro de Canido, Vigo.

Feria esdomar

Data

Categoria