Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
María José Gómez enxalza a contribución de Paco & Lola ao desenvolvemento do sector vitivinícola
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe no xantar anual organizado polos socios da Cooperativa Vitivinícola Arousá, que este ano celebran o vixésimo aniversario da adega Paco & Lola, así como o fin da campaña da vendima deste ano. Neste sentido, a conselleira enxalzou a contribución desta adega da Denominación de Orixe Rías Baixas ao desenvolvemento do sector vitivinícola galego.
Cómpre salientar que Paco & Lola conta con máis de 430 socios e 274 hectáreas de viñedo, sendo Cooperativa Vitivinícola Arousá a que máis representación ten dentro da DO Rías Baixas, cunha produción de arredor de 2 millóns de botellas anuais e 1,5 millóns de litros de viño. Asemade, esta DO colleitou na vendima deste ano algo máis de 47,5 millóns de quilos de uva dun total, entre as cinco denominacións de orixe, de case 78,9 millóns de quilos.
Fonte: C. do Medio Rural
