Por admin_eu, 3 Xuño, 2026
Os produtos da economía social galega volven estar presentes na 29ª edición de Salimat Abanca

Desde o 4 ata o 7 de xuño celébrase en Silleda a 29ª edición do Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca 2026, onde os produtos da economía social galega volverán contar cun espazo destacado.

Salimat é un escenario xa consolidado para os profesionais do sector da alimentación. Desde pequenos produtores e artesáns ata a gran distribución, todos os axentes se unen neste certame para colaborar, impulsar o seu crecemento e resultados, e reforzar o seu posicionamento e visibilidade ante o propio sector e o público final.

Entre a ampla oferta de expositores que se dan cita no recinto de Feira Internacional Galicia Abanca, a economía social galega volverá amosar o potencial e a calidade dos seus produtos, abranguendo sectores estratéxicos que inclúen cooperativas, centros especiais de emprego e sociedades laborais:

  • Produtos lácteos e derivados
  • Produtos cárnicos
  • Produtos vitivinícolas
  • Outros produtos gastronómicos de calidade

Ademais, esta nova edición chega cargada de novidades na súa área de novos produtos e un potente programa de encontros internacionais con compradores de numerosos países, consolidando a feira como un escaparate sen fronteiras para o negocio agroalimentario.

Se estás pensando en visitar a feira porque es un profesional do sector, un amante da gastronomía ou simplemente un consumidor interesado en produtos de calidade, podes consultar o programa completo de actividades e o catálogo oficial de expositores na web da feira.

Descarga o programa

Salimat Abanca 2026

Feria Salimat 2026

Data

Categoria