Novas

Lapelas principais

A Xunta pon en valor en Cervantes o potencial da economía social para fixar poboación no rural

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe na mesa de diálogo Perspectivas de futuro para a comarca dos Ancares, retos globais en contextos específicos no marco da xornada A economía social en contornas rurais de reto demográfico, promovida polo Ministerio de Traballo e Economía Social.

Rueda anuncia un plan de 45 M€ e 37 medidas para mellorar o benestar, a xestión das incapacidades temporais e impulsar o retorno saudable ao traballo

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe o Plan Integral para a mellora da prevención, o benestar laboral e a reincorporación saudable ao traballo en Galicia 2026-2029, unha folla de ruta “pioneira en España”, froito do acordo acadado no marco do Diálogo Social entre o Goberno galego, o sindicato UGT-Galicia e a Confederación de Empresarios de Galicia. “Implicará un investimento de 45 millóns de euros para poñer en marcha case 40 medidas”, resaltou.

A Xunta apoia a segunda edición do programa ‘O noso reto solidario’ impulsado pola Fundación Amicos

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta mañá no acto de presentación da segunda edición do programa O noso reto solidario, impulsado pola Fundación Amicos e apoiado pola Xunta. Alí, destacou a iniciativa pola súa aposta a prol do emprendemento, a innovación e a creación de emprego sostible pegado ao territorio, potenciando a fórmula da economía social ao tempo que se contribúe á fixación de poboación.

A Xunta salienta na feira #Esdomar as medidas autonómicas para potenciar a economía social como motor de dinamización do territorio

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, asistiu hoxe en Vigo á terceira edición da feira #Esdomar, organizada pola Fundación para la Pesca y el Marisqueo (Fundamar) no marco da rede Eusumo e en colaboración coa Confraría de Pescadores de Vigo. Alí, Marta Mariño salientou o labor da rede Eusumo que presta apoio directo á creación de emprego con base na economía social, asesorando a persoas e entidades interesadas en emprender neste ámbito.

A Xunta reafirma o seu compromiso co tecido social para seguir avanzando con firmeza nos dereitos das persoas con discapacidade

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participaron no foro organizado por In Red en Carballo. Ao longo da xornada, baixo o lema de In Futuro, encontros sectoriais de discapacidade en Galicia, ambas representantes autonómicas reafirmaron o compromiso da Xunta co tecido social para seguir dando pasos firmes e avanzando en dereitos.

A Xunta pon en valor convocatorias como o Bono Remuda ou o programa ES-Transforma á hora de garantir o futuro da economía social galega

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, puxo hoxe en valor convocatorias como o Bono Remuda ou o programa ES-Transforma á hora de garantir o futuro do tecido produtivo no eido da economía social. Foi na súa comparecencia na comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego, onde fixo balance destas e outras actuacións no marco da execución da Estratexia galega de economía social horizonte 2027.