Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe na rolda de prensa de presentación do programa de actividades da 13ª edición do Espazo de Emprendemento Pont-Up Store 2026, que se celebrará o 11 e o 12 de setembro en Pontevedra e que conta co apoio da Xunta. Alí, a directora xeral puxo de relevo a variedade de accións que abarca esta iniciativa a prol do emprendemento ligado ao territorio e que con esta edición reforza a súa vocación como espazo de conexión entre novas empresas, universidade, investimento, institucións e territorio.
