Contacta coa Rede e asesórate en economía social | eusumo.emprego@xunta.gal | +34 610 174 389
Os produtos da economía social galega na Feira Salimat
Desde o 5 ata o 8 de xuño celébrase en Silleda a 28º edición do Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat 2025, onde os produtos da economía social galega volverán a estar presentes.
Salimat é un espazo xa consolidado para os profesionais do sector da alimentación. Desde pequenos produtores e artesáns ata a gran distribución se unen para colaborar, impulsar o seu crecemento e resultados, e reforzar o seu posicionamente e visibilidade ante o propio sector e o público final.
Entre os diferentes expositores haberá unha ampla oferta de produtos da economía social da man de nove cooperativas galegas, un centro especial de emprego e unha sociedade laboral:
Produtos lácteos e derivados
- Condado Paradanta S. Coop. Galega
- Cooperativa Agraria Provincial S. Coop. Galega (Bico de Xeado)
Produtos cárnicos
Produtos vitivinícolas
- Barbudos S. Coop. Galega
- Bodegas Jesús Nazareno S. Coop Galega (Vinos Barco)
Outros produtos
- A Factoría do Lume S. Coop. Galega
- Distribuciones A Moenda S.L. (Centro Especial de Emprego)
- Lugar da Veiga, Sociedade Limitada Laboral (Daveiga)
- Unión De Cooperativas Asociación Galega De Cooperativas Agrarias (AGACA)
Se estás pensando en visitar a feira por que es un profesional do sector, un amante da gastronomía ou simplemente un consumidor interesado en produtos de calidade, podes consultar o programa de actividades previsto na web da feira.
Descarga o catálogo

