Por admin_eu, 12 Marzo, 2025

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2025

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, clausurou esta mañá unha xornada sobre a compra pública responsable por parte das administracións locais, organizada pola Asociación Empresarial de Centros Especiais de Emprego sen ánimo de lucro (Cegasal) e a Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (Aeiga).

Por admin_eu, 10 Marzo, 2025

O Consello da Xunta coñeceu hoxe un informe da Rede Eusumo, impulsada polo Goberno galego no 2012 para o fomento e o desenvolvemento da economía social que reflicte aspectos e actuacións relacionadas coa economía social galega no 2024 e destaca novidades nas que se está a traballar dentro desta rede, entre elas a creación dun certame para recoñecer os mellores proxectos de emprendemento feminino en economía social.

Por admin_eu, 6 Marzo, 2025

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, asistiu a rolda de prensa na que se realizou a presentación do encontro de emprendemento Pont-Up Store, que se celebrará na cidade de Pontevedra no fin de semana do 19 e 20 de setembro. Durante a rolda, os organizadores do evento destacaron que nesta nova edición do ano 2025 e coincidindo co Ano Internacional das Cooperativas van reforzar a súa aposta polas fórmulas de economía social á hora de emprender con varias actividades en colaboración coa Unión de Cooperativas Galegas Espazo Coop.

Por admin_eu, 6 Marzo, 2025

O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela,  ven de manter un encontro  co Ana Olveira e Mar Pernas, presidenta e técnica de relacións institucionais respectivamente, da Unión de Cooperativas EspazoCoop, co fin de desenvolver actuacións de colaboración e recoñecemento do cooperativismo, como motor de desenvolvemento socioeconómico de Galicia.

Por admin_eu, 3 Marzo, 2025

O VIII Congreso Internacional de Economía Social EESCOOP (Escola de Especialización Profesional en Economía Social, Cooperativas e Outras Organizacións de Participación) terá lugar os próximos 12 e 13 de xuño de 2025 na Illa de San Simón, en Redondela, baixo o lema "As Empresas da Economía Social: desde a actividade tradicional cara á innovación tecnolóxica e social".

Por admin_eu, 24 Febreiro, 2025

Santiago de Compostela, 24/02/25 – A Universidade de Santiago de Compostela (USC), no seu compromiso co fomento do emprendemento e a innovación social, lanza unha convocatoria de ES-Factory USC-Impulsa, un programa de aceleración dirixido a proxectos de economía social. A convocatoria permanecerá aberta ata o 18 de marzo, ofrecendo a persoas emprendedoras e proxectos de emprendemento a oportunidade de participar nun itinerario de alto rendemento para fortalecer e consolidar as súas iniciativas.

Por admin_eu, 23 Febreiro, 2025

A Xunta de Galicia ten aberto o prazo de distintas liñas de axudas destinadas a impulsar o emprego e a actividade das entidades da Economía Social por un valor total de máis de 8 M€. Trátase do programa Aprol Economía Social, Bono consolida economía social e os apoios para que as entidades asociativas máis representativas do sector poidan sufragar os seus gastos de funcionamento.