Por admin_eu, 10 Abril, 2025

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, compareceu esta mañá na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego para dar conta do avance da Estratexia galega de economía social, unha planificación con horizonte en 2027 que busca impulsar este modelo empresarial como motor de xustiza social, garante de emprego inclusivo e ferramenta indispensable para seguir fortalecendo o tecido emprendedor galego.

Por admin_eu, 8 Abril, 2025

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, acompañado pola directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, visitou esta mañá á sede da sociedade cooperativa galega Mulleres Colleiteiras —con motivo da conmemoración do Día Internacional do pobo Xitano— a cal ten como obxectivo principal o traballo de recollida, almacenamento, valorización e reutilización do aceite doméstico usado realizado por mulleres en situación de exclusión social como vía de inserción no sector formal do autoemprego, destacando que é unha das preto de 160 entidade

Por admin_eu, 1 Abril, 2025

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración abre a posibilidade para que as entidades da Economía Social participen nos stands institucionais de diversas feiras.

Esta iniciativa, ten como obxectivo dar visibilidade as empresas, mellorar a comercialización dos seus produtos e facilitar o contacto directo con público e profesionais.

Como participar

1.- Descargar e cubrir os modelos da web da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración no seguinte enlace.

Por admin_eu, 25 Marzo, 2025

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou hoxe na xornada de presentación da Academia Factoría da Economía Social, organizada pola Unión de Cooperativas EspazoCoop nas instalacións do Polo de Emprendemento de Vilanova de Arousa.

Por admin_eu, 21 Marzo, 2025

Do 24 de marzo ao 3 de abril de 2025 celebrarase a VI Semana Universitaria da Economía Social, un evento internacional que reunirá a 35 universidades de España, Portugal e Latinoamérica. En total, desenvolveranse máis de 120 actividades destinadas a achegar a Economía Social á comunidade universitaria e dar visibilidade ao traballo de investigación e formación que se realizaron.

Por admin_eu, 19 Marzo, 2025

A economía social de Galicia estará presente, da man da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, no Galicia Fórum Gastronómico 2025, que terá lugar en Expocoruña entre o 23 e o 25 de Marzo.

Na súa 10ª edición en Galicia o programa contará coa presenza de grandes chefs que cociñarán en directo tanto no  Auditorio como nos Obradoiros, nos que ofrecerán degustacións.

Por admin_eu, 13 Marzo, 2025

A Unión de Cooperativas EspazoCoop lanza o programa de aceleración ES-Factory EspazoCoop – Impulsa, que se compón de formación, mentorías e apoio na busca de financiamento para persoas emprendedoras que desenvolvan iniciativas enmarcadas nas economías emerxentes que se organicen mediante fórmulas empresariais do sector da economía social.